Campiona da Copa de España Infantil de Judo de Santiago de Compostela.
Campiona do Liceo La Paz
Campiona no Sector Sur do campionato Galego de Judo
Subcampiona Galega de Judo
En estos momentos estou a competir na categoría de -52 Kg de Judo en Cadetes, onde acadei no ano 2019 un quinto posto sendo o meu primeiro ano na categoría
Outros deportes:
Practico dende pequena ademáis de Judo, Ballet. O que me axuda en ambos deportes pois grazas a eles adquirín forza e elasticidade facendome así unha deporstista bastante completa.
Como te consideras?
Son unha amante do deporte e moi constante e ordenada na miña vida. Disciplinada e exigente comigo mesma
Porque che gusta o Judo?
O Judo axudame a despejarme e sentirme mellor comigo mesma, axudame no meu día a día a olvidarme dos estudos e das presións da vida ainda que por momentos cando compito me xenera algo de stress
Peso: 48 Kg | Altura: 1,60 metros | Cinto: marrón Técnica especial de Pé: Seoi-Nage | Técnica especial de chan: Kesa-gatame ou sumisión
Agora mesmo compito na categoría de -50kg, teño un cinto marrón personalizado co meu nome que tiven que gañar.
Como judoka, levo preto de 9 anos facendo judo e fixen moitas pelexas, saquei algunhas medallas pero hai uns anos, agora mesmo, non me importa non sacar medallas, porque sei que as miñas pelexas foron incribles, normalmente fago pelexas moi longas pero iso non me impide seguir mellorando.
Outros deportes:
A parte do judo tamén fago fútbol e estou nunha posición bastante difícil, esa posición é a dun porteiro, gústame moito o fútbol e o judo, e non podo deixar ningún dos dous deportes. O meu tempo para estudar non é moi grande pero desde que era pequeno ensináronme que debería tomar tempo para todo.
Como te consideras?
Creo que son unha persoa amable na que se temos unha boa amizade, podes confiar en min. Normalmente me enfado por nada, pero acougo bastante rápido
Por que che gusta o Judo?
Gústame o judo porque para min foi un deporte que me acompañou dende moi novo e que me ensinou moitas cousas, non só na alfombra, senón pola miña vida cotiá
Peso: 40 Kg | Altura: 1,47 metros | Cinto: marrón Técnica especial de Pé: Seoi-Nage | Técnica especial de chan: Tate-Shiho-Gatame.
Iniciei a facer Judo e adestrar no ano 2008 (CEIP Pedrouzos-Club Camm)
Judoka da selección galega 2019
Campión galego Infantil na categoría -38 Kg
Campión en varias ocasións do Liceo La Paz
Bronce na Supercopa de España de Huesca
Séptimo no Campionato de España Infantil
Outros Deportes:
Halterofilia: Camión galego | Campión de España por equipos
Ximnasia Artística: Campión galego de ximnasia | Campión de España
Como te consideras?
Son unha persoa feliz e constante, estou disposto a converterme nun atleta para facer o esforzo necesario todos os días da miña vida, gozando e aprendendo todo o camiño. Levo facendo isto dende os 3 anos e sei que hai moito máis sacrificio por diante.
Por que che gusta o Judo?
Levo dende os tres anos facendo tres deportes e todos me axudaron nun aspecto, pero o Judo, especialmente, considero o máis parecido á vida, cando entras nun tatami atopas unha chea de variables que tes que aprender a resolver. e sobre todo ensínache a ter respecto por quen nese momento é o teu rival.
Peso: 46 Kg | Altura: 1,42 metros | Cinto: Marrón Técnica especial de Pé: Seoi Nage | Técnica especial de chan: Kesa gatame
Comezei dende moi pequeno a practicar Judo e pronto me din conta que me encanta competir.
Campión do Liceo La Paz
Quinto posto na Copa de España de Judo infantil de Santiago de Compostela
Quinto posto no campionato Galego de Judo
Campión do Trofeo de Nadal
Como te Consideras?
Un Judoka o que lle gusta ganar sexa como sexa, por ese motivo cando se trata de falar de competir transformome. No tatami son outra persoa que persigue o seu obxetivo, gañar. Eso non quita que teño bastante bo perder.
No tatami suelo ser áxil e técnico
Porque che gusta o Judo?
Encantame competir e adestrar. Grazas o Judo consigo olvidarme dos problemas e preocupacións do día a día.
Peso: 72 Kg | Altura: 1,65 metros | Cinto: Azul Marrón Técnica especial de Pé: Kosoto Gari | Técnica especial de chan: Kesa gatame.
Competín en diferentes Copas de España e campionatos a nivel Galego chegando a acadar o número 10 do ranking nacional de Judo na categoría Infantil. En estos momentos atópome con unha espiña clavada, a de subirme a un podium, pero pronto espero conseguilo.
Non practico outros deportes, só Judo
Como te consideras?
Considerome unha persoa tranquila e simpática
Por que che gusta o Judo?
Non saberia decir un porqué , a cada persoa lle gustan cousas distintas e a min en concreto gustame o JUDO.
Peso: 52 Kg | Altura: 1,54 metros | Cinto: Verde Técnica especial de Pé: Tai Otoshi – Seoi Nage| Técnica especial de chan: Kesa gatame
Empecei Judo con sete anos, e durante a miña época máis pequena asistin a diversos campionatos por toda Galicia. En categoría infantil asisistin as copas de España de Avilés, Valladolid, e Santiago de Compostela, acadando os postos de puntuación no ranking nacional de Judo.
Non practico máis deportes que o Judo
Como te consideras?
Eu considero que son unha persona que vai a por todas,alegre,e que me gusta estar cos meus conpañeiros.
Por que che gusta o Judo?
O judo gustame porque síntome ben practicándoo ,e como parte de min e sinto que é para min cando me esforzo. Faime sentir mellor comigo mesma
Peso: 55 Kg | Altura: 1,67 metros | Cinto: Verde Técnica especial de Pé: Tai Otoshi – OGoshi | Técnica especial de chan: Kami siho gatame
Levo practicando Judo dende os 7 anos. Fun a diferentes campionatos durante todos estos anos e na categoría infantil comezei con mal pe a tempada.
Unha lesión no brazo fixo que non puidera debutar na categoría en Avilés, e máis tarde asistiría a Copas como Valladolid ou Santiago de Compostela. O nivel na miña categoría e moi alto pero coido que pronto virán os resultados.
Non practico outros deportes pero complemento o Judo con ximnasio, estiramentos e musculación.
Como te consideras?:
Alegre e tranquila, pero por momentos poñome moi nerviosa e os nervios me fan ser pesimista. Debo mellorar esa faceta da miña vida.
Por que che gusta o Judo?:
O judo gustame porque me agrada a sensación de centrarme nos combates, e sobre todo polo compañeirismo que temos neste deporte
Peso: 55 Kg | Altura: 1,65 metros | Cinto: Verde Técnica especial de Pé: OGoshi | Técnica especial de chan: Kesa Gatame
Comezo a practicar Judo no ano 2014 no meu CEIP de Oca, pequena localidade pertencente o Concello de A Estrada. O pouco tempo paso a adestrar a Vedra, e asisto a diferentes campionatos organizados polo club.
Participio no ano 2020 na miña primeira tempada como infantil, onde asisto a competicións como a Copa de España de Judo de Santiago de Compostela. E en ese momento que no que consigo gañar o meu primeiro combate oficial en competicións de Judo.
Ademáis de Judo no ano 2015 comecei co prática de Atletismo
Como te consideras?
Son unha persoa forte e gustame demostrarme a min mesmo que podo mellorar. Teño moitas habilidades e a maiores penso que sei estar atento e responsabilizarme en cada situación.
Por que che gusta o Judo?
Porque me parece moi interesante, divertido e me encanta practicalo. Levo moito tempo neste deporte e con el aprendín de compañeirismo e teño un gran grupo de compañeiros de clase