Que é un kyu? e cada nivel de cinturón que o alumno o alumna consegue. Branco amarelo, amarelo, amarelo Laranxa, Laranxa, Laranxa Verde, Verde, Verde Azul , Azul, Azul Marrón, Marrón, Negro…

NORMATIVA TRAMITACIÓN DE KYUS NA FEDERACIÓN GALEGA DE JUDO E D.A.

Esta normativa nace produto da necesidade de adaptarnos ao novo sistema e metodoloxía de tramitación
de kyus da Real Federación Española de Judo e D.A., obrigatoria para todo o territorio nacional e imprescindible
para a participación oficial nas competicións e para o acceso ao exame de cinto negro de judo e deportes
asociados.
A partir deste mes deixaron de facilitarse selos e carnés para o recoñecemento de kyus como
se viña facendo até o de agora. Isto non quere dicir que deixen de ter validez os que están actualmente en circulación senón que a partir desta data os graos inferiores a cinto negro vanse emitir en formato tarxeta individual nominativa.


NORMA XERAL DE TRAMITACIÓN:
Os graos non se tramitan en calquera data senón exclusivamente entre os días 1 e 10 de
cada mes, que é cando poderá remitirse unha única acta de solicitude por club, mantendo exactamente o formato facilitado. En caso de non presentar a solicitude, deberá agardar ao mes seguinte. A dinámica manterase ao longo de toda a tempada, excepto no mes de agosto, no que a Federación Galega de Judo e D.A. pecha as súas oficinas.


ACREDITACIÓN DA POSESIÓN DO GRAO ANTERIOR NA PRIMEIRA TRAMITACIÓN:

Ao solicitar por primeira vez calquera grao no novo sistema de xestión, o club deberá
acreditar a posesión do grao anterior do federado e remitir a O CARNÉ DE SELOS DE
GRAO ORIXINAL por correo postal ou levándoa presencialmente ás nosas oficinas,
debidamente cumprimentado cos graos previos do federado dos que solicitase o trámite.
A Federación Galega de Judo e D.A. verificará o carné e o devolverá ao club acompañado
da nova tarxeta de grao solicitada. Non será preciso presentala en posteriores
ocasións, quedando rexistrado na Federación Galega de Judo que o federado dispón do
correspondente grao neste novo sistema.

OBSERVACIÓNS:
Non se admitirá, a efectos desta normativa de tramitación, carnés con selos que foran
manipulados ou corrixidos, tanto no relativo ao seu titular, como á disposición dos selos,
que deben levar cubertos obrigatoriamente os datos do mestre que os asina (nome,
apelidos, no de título,etc), así como a data de trámite.

PREZOS OFICIAIS PARA TRAMITACIÓN DE KYUS ANTES DO 10 DE DECEMBRO DE 2022

Os prezos en caso de non poseer o carnet de KYUS é:

Amarelo: 25 €

Laranxa: 25 €

Verde: 40 €

Azul: 40 €

Marrón: 40 €