O pasado domingo 3 de Abril celebrouse o campionato galego das categorías infantil e cadete, na localidade de Marín. Despois dun longo parón por mor da pandemia pola COVID-19 o club retoma paseniño as competicións e sensacións, froito do traballo diario.
CATEGORÍA CADETE


Tiago Larramendi Balladares, acadou o segundo posto, unha prata que nos sabe a ouro. Cedimos na final que se nos escapou por erros puntuais de plantexamentos que debemos correxir de cara a vindeiros campionatos. Continuando co traballo de club, volvemos a demostrar un traballo forte e ferreo en JUDO CHAN
Endika Miguel García Garazo, conseguiu unha mericidísima terceira praza. Bronce de Endika, un dos judocas máis difíciles e correosos do club. Con un traballo impecable en Ne-Waza, despois de ceder en primeira ronda, acadou a ansiada e merecida medalla de bronce.
Aroa Vila Fernández, estamos pasando por un momento deportivo dificil que sen duda nos fará máis fortes. O importante e non perder as ganas.
CATEGORÍA INFANTIL

Non foi o día dos nosos infantís. Era a primeira competición oficial, e o club perdeu moitos competidores despois da pandemia, que por diferentes motivos abandonaron o deporte, coa ilusión de que volvan algún día.
Participaron nesta categoría:
Antonio Andújar: fixo un primeiro combate moi moi serio, combate largo que propuxo diferentes opcións. Non acadamos a victoria pero estamos seguros de que todo chegará. Caemos en primeira ronda sen opción de repesca.
Sergio Lago: recén aterrizado no noso club, fixo un primeiro combate moi duro, onde os nervios nos fan pasar unha mala xogada, e froito de esos nervios perdemos a opción de victoria. Caemos en primeira ronda sen opción de repesca.
Gabriel Gómes: igual que os seus compañeiros, nervios a flor de piel, que nos fan pasar malas xogadas. Acadamos un séptimo posto logo de unha repesca. Para próximos campionatos seguro que melloraremos.
NORABOA A TODOS E TODAS! PARA O ANO MÁIS E MELLOR