
Dentro do Judo, hai moitos camiños a seguir, competición, profesorado, arbitraxe, o mundo das katas…. Podo decidir co paso do tempo como formarme e de que maneira e en que formas aprender esta arte marcial, todas elas claro está dentro das directrizes do mestre ou mestra.
O Judo foi declarado pola UNESCO como un dos principais deportes para o desenrolo psicomotriz en idades temperás, e recomendado para a súa practica dende os 3 anos en adiante. Se di que é un deporte que podes practicar de 3 a 99 anos. Dados estos datos , cabe destacar que ano tras ano se traballa tanta a nivel profesorado como federativo na continua adaptación do JUDO nos diferentes niveis, idades ou camiños a seguir.
En idades temperás os nenos e nenas practica un Judo para o futuro desenrolo como judoca e persoa, no que se traballa psicomotricidade, técnicas, conceptos básicos e os valores que construirán no futuro o judoca que practique a arte marcial
É máis tarde cando os judocas van refacendo e actualizando o seu camiño, e deciden o camiño a seguir, competición, lúdico, arbitraxe…
No caso da competición en formato shiai (combate): é o campo máis popular, un dos campos do Judo máis duros, onde os judocas se adestran técnica e fisicamente para acadar resultados deportivos a nivel nacional ou internacional.
Kata: é unha palabra xaponesa que describe unha serie ou secuencia de movementos preestablecidos que se poden practicar normalmente só, pero tamén en parellas. As katas en Judo son complexas e variadas, e requiren dunha preparación minuciosa e perfecta. Nas competicións de kata, valorase a perfección da execución das mesmas.
Arbitraxe: son moitos os competidores que acaban continuando no mundo da competición como arbitros, xa sexan en Kata ou en Randoris. É unha maneira de non desvincularse da súa arte marcial.
Profesorado: E sen dúbida unha das metas máis ansiadas, conseguir o cinto negro e a formación necesaria para impartir clase. Dentro do profesorado volve a comezar a cadea, nenos e nenas que aprenden os valores e técnicas e os cales os seus mestres lles ensinan o camiño que nun futuro escollan.