Dentro do programa organizado pola A.D. Escola Judo Club, «Promoción e dinamización do JUDO en núcleos poboacionais rurais», está o núcleo de adestramento creado para que os rapaces e rapazas de idades de competición se afiancen e enganchen a este deporte. Nestas xornadas asistirán clubs invitados así como nenos e nenas de concellos como Vedra, Boqueixón, Rois, Ames, Santiago de Compostela, A Estrada…

Este programa e cofinanciado pola Deputación de A Coruña, no marco de xornadas de promoción do deporte.

Os clubs participantes e invitados a este adestramento son:

Provincia de LUGO: LVCVS DOJO | JUDO CLUB LUGOKAN

Provincia de PONTEVEDRA: JUDO CLUB BASE | JUDO CLUB SENIN

Provincia de A CORUÑA: JUDO CLUB UDC | TERRAS DE SANTIAGO | ESCOLA JUDO CLUB | COLEXIO PELETEIRO

As seguintes datas de adestramento serán o 9 de Abril, 28 de Maio e 18 de Xuño. A idea e continuar dando visibilidade o noso deporte.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.