Camiño da Suavidade

É unha arte marcial, un deporte e unha filosofía con orixe no Xapón. O judo foi creado a partir dalgunhas escolas clásicas de jujitsu por Jigoro Kano en 1882. A pesar de ser unha arte marcial completa, o judo tamén se practica como deporte oficial dos Xogos Olímpicos dende 1964 na competición masculina e dende 1992 na feminina. No Occidente, o aspecto deportivo do judo é probabelmente o máis difundido.

Valores

O Judo transmite valores, que son o pilar deste deporte. A practica do Judo promove a transmisión de educación, coraxe, sinceridade, honra, autocontrol, modestia, respeto e amizade.