
Stage con CARMEN SOLANA

17 de Decembro de 2022.
Acompañounos Carmen Solana, cos seus alumnos, Ahmet Elkawasah e Elizbar Ivanauri.





Dividido en 2 xornadas, unha de mañán e outra de tarde, disfrutamos dos traballos de Carmen de Ne Waza e Tachi Waza.
Moitísimas grazas a todos os clubs asistentes: Oleiros, Pontevedra, Peleteiro, Base, Escola, Terras de Santiago, Ximnasio Fibra, Arteixo, San Francisco Teo, Senra Vilagarcía

Especial mención a SAN FRANCISCO DE TEO, por colaborar deixándonos o seu tatami durante todas as xornadas de Nadal. Mil grazas de corazón.
Noraboa a Carmen solana polo seu bo facer, humildade e cercanía.
Podedes descargar o resto de fotos do stage no seguinte enlace:
VIII TROFEO CONCELLO DE VEDRA

18 de Decembro de 2022
Chegou o turno do noso evento estrela. Levábamos máis de 2 anos sen poder celebrar o noso xa tradicional campionato de Nadal. Trala pandemia vímonos na obriga de cancelar todo tipo de eventos deste estilo, pero por fin puidemos retolamo do mellor xeito posible.
Un total de 292 nenos e nenas de clubs de toda Galicia, para participar nun campionato que busca promocionar o noso deporte. Dar a coñecer o noso deporte a pais e nais e sobre todo que os peques disfruten de campionatos de base.
Grazas a tódolos clubs e sobre todo os voluntarios e voluntarias pola vosa labor.
Equipo de colaboradores e colaboradoras. Faltan alumnos e alumnas de varios clubs. Hoxe axudáronnos máis de 30 persoas. MOITÍSIMAS GRAZAS








Neste torneo participaron diferentes clubs de Galicia.

A xornada divideuse en 3 turnos.
Primeiro turno, Benxamín A: nenos e nenas dos anos 2014/2013. Neste apartado competiron con normas adaptadas a súa idade con randoris a minuto e medio buscando inmobilizar sen clasificación. Tódolos nenos e nenas recibiron unha medalla.




Segundo turno, Benxamín B, Pre-Benxamín: nenos e nenas dos anos 2015/2016/2017/2018/2019. Neste turno os nenos e nenas xogaron a competir. Non inculcamos a competición como algo onde se gaña ou perde senón como unha xornada de aprendizaxe continua. Judo chan inmobilizando e judo pe intentando tirar o compañeiro e compañeira de xeito moi controlado.







Terceiro turno, Alevín: nenos e nenas dos anos 2012/2011. Neste turno acercámonos máis as normas de competición que terán os nosos nenos e nenas en vindeiros cursos xa con campionatos infantís ou copas nacionais. Adaptamos as normas a idade e tendo en conta que moitos dos nenos e nenas participantes poden levar pouco tempo no noso deporte. Neste turno teremos primeiro, segundo e terceiro posto.









Non podía faltar no noso campionato PAPÁ NOEL, que estivo con nós entregando medallas os máis pequenos e pequenas.

E tamén o noso equipo médico que estivo pendiente dos nenos e nenas e do noso público, e de que ninguén sufrise ningún inconvinte.

Por último agradecer a todos os nosos colaboradores e colaboradoras:

A continuación podedes descargar as fotos do campionato.