• EXCLUSIVAMENTE ENTRE OS DÍAS 1 E 10 DE CADA MES, que manterá exactamente o formato do MODELO FACILITADO pola FGJUDODA, único válido.
  • A TRAVÉS DO CLUB AO QUE PERTENCE O ALUMNO/A
  • Ao solicitar por primeira vez calquera grao no novo sistema de xestión, o club deberá acreditar a posesión do grao anterior do federado remitindo O CARNÉ DE SELOS DE GRAO ORIXINAL, debidamente cumprimentado.
  • Non se admitirán carnés con selos que foran manipulados ou corrixidos, tanto no relativo ao seu titular, como á disposición dos selos, que deben levar cubertos obrigatoriamente os datos do mestre que os asina (nome, apelidos, nº de título,etc), así como a data de trámite.
  • En caso de que se precise SOLICITAR UN DUPLICADO DO GRAO ACTUAL deberá aboarse o prezo estipulado pola xestión de duplicados entre os prezos aprobados pola asemblea para a tempada en curso.
  • Utilizarase exclusivamente o MODELO DE SOLICITUDE DE GRAO NOVO facilitado pola FGJUDODA para a tramitación.
  • OBSERVACIÓNS:
  • Todas as solicitudes deberán contar sempre coa LICENZA EN VIGOR. o O avance en cada kyu seguirá as recomendacións de prazos recollidas nas distintas normativas da RFEJYDA, até a categoría INFANTIL medio grao obrigatóriamente e coa opción de pasar a grao compreto a partir da categoría CADETE.
  • As tarxetas emítense cos datos da licenza do federado, polo que será moi importante que o club verifique que están correctos.
  • O grao acredítase única e exclusivamente coa tarxeta oficial emitida pola FGJUDODA, ningún outro documento será válido para acreditalo. En A Coruña, 7 de marzo de 2023.

CUSTO E SOLICITUDE

  • Cada KYU ou COR DE CINTURÓN terá un custo de 12€. Por exemplo, cinturón branco amarelo (12€), cinturón amarelo (12€)…
  • Para a solicitude dos Kyus poñerse en contacto co profesor/a do alumno.