
A
agura, sentado coas pernas cruzadas. Unha das formas correctas de prestar atención nas clases de Judo.
B
budo, palabra na que engloba o coñecemento técnico e os valores éticos das artes marciais xaponesas.
C
chikara, enerxía propia ou allea. Forza propia ou allea.
D
deshi, cada un dos alumnos do Escola Judo Club.
E
eri, cada unha das solapas do judogi. Dá nome á técnica eri seoi nage.
F
Fukuda Keiko, primeira muller en alcanzar o prestixioso cinturón vermello (9no dan). Foi ademáis unha das primeiras mulleres en comezar a practicar Judo en 1926.
G
go kio, compendio das 40 técnicas orixinais de Judo estructuradas en 5(go) niveis (kio) para facilitar a aprendizaxe do alumno.
H
hajime, comezar un xogo, exercicio, combate.
I
idori, así chamamos ao combate que comeza directamente en Judo chán.
J
judogi, literalmente “vestimenta de judo” . Indispensábel para a práctica do noso deporte.
K
kumi kata, as nosas queridas mascotas axúdannos a lembrar a forma tradicional de agarrar en Judo: unha manga-unha solapa.
L
limpeza, referido a un mesmo; é a capacidade de gañar sen menosprezar ou rebaixar ao adversario e compañeiro. En Judo é imposible mellorar sen respetar e aprender dos demáis.
M
mate, cando escoitamos isto nunha clase é o momento de pararse e atender.
N
nage komi, un dos xeitos de aplicar o aprendido nas clases, repeticións con proxección do compañeiro.
O
obi, o que levas suxeitando a chaqueta do teu judogi, debes procurar que non se caia ou afrouxe.
R
rei, demostración de respeto e ganas de aprender cando se executa correctamente. Saúdo.
S
sensei, aquél ao que debes prestar atención e obedecer durante as clases. Mestre, profesor.
T
tandoku renshu, o estilo de aprendizaxe que estamos a aplicar nas clases online. Adestramento individual, estudo en solitario.
U
uke, aquél que recibe unha acción, técnica, exercicio durante a práctica de Judo.
W
waki, parte do corpo que debes hixienizar a diario para non producir mal olor. Axila.
Y
yoshi, o que escoitas do sensei cando atendes e practicas correctamente. “Ben”, “correcto”.
Z
zarei, un dos saúdos que efectuamos nas clases, neste caso o saúdo de xeonllos.