🥋 TEMPADA 2026/27
Nesta páxina atoparedes toda a información necesaria para o funcionamento deportivo de Escola Judo Club durante a tempada 2026/27.
O crecemento do club e das diferentes escolas fai necesario avanzar cara a un modelo máis organizado, estable e sostible, especialmente no relativo aos adestramentos, competicións e desprazamentos.
🥋 ADESTRAMENTOS E TECNIFICACIÓN
Os venres centralizaremos os adestramentos de club no Tatami Central de O Forte, permitindo que deportistas das diferentes escolas poidan adestrar xuntos.
🕔 17:00 · Benxamín e Alevín
🕡 18:30 · Infantil, Cadete e Júnior
Para os deportistas das categorías Infantil, Cadete e Júnior que participen no circuíto de Copas de España, estes adestramentos formarán parte do programa de tecnificación.
🏆 COMPETICIÓNS
Durante a tempada diferenciaremos entre competicións obxectivo e outras competicións complementarias.
As Copas de España funcionarán mediante convocatoria interna do club e a participación dependerá do nivel de compromiso, asistencia, evolución deportiva e criterio do equipo técnico.
Os deportistas que participen neste programa deberán cumprir os requisitos de adestramento establecidos polo club.
🚌 SAÍDAS E DESPRAZAMENTOS
Unificamos a organización das saídas para facilitar a planificación de:
• Inscricións
• Transporte
• Aloxamento
• Persoal técnico
• Custos asociados á competición
Cada actividade contará coa información correspondente antes de realizar a inscrición.
👉 Consultar Normativa de Participación en Competicións
🤝 PATROCINIOS E COLABORACIÓNS
O club continuará buscando patrocinios e colaboracións que permitan reducir custos e mellorar os recursos dispoñibles.
Tamén se permitirá que os deportistas poidan conseguir patrocinadores individuais, sempre coa supervisión previa do club para evitar incompatibilidades cos patrocinadores xerais.
A colaboración das familias e deportistas na difusión de resultados, actividades e patrocinadores será importante para seguir facendo medrar o proxecto.
📌 INFORMACIÓN DA TEMPADA
Desde esta sección poderedes consultar e manteremos actualizada toda a información relativa a:
📋 Normativa de participación
🏆 Competicións
📅 Calendario
🪪 Licenza federativa
🥋 Cintos e Kyus
