Unha escola de escolas
Escola Judo Club nace no ano 2018 cunha idea diferente: crear unha escola de escolas. 💙
De aí nace o noso nome, ESCOLA.
Un proxecto común baixo o que crear diferentes escolas de Judo, cada unha delas coa súa propia identidade, o seu grupo e o seu sentimento de pertenza, pero formando todas parte dunha mesma familia.
🌱 A nosa orixe está no rural.
Escola nace da necesidade de achegar o Judo aos nenos e nenas do rural, creando oportunidades alí onde, en moitas ocasións, a oferta deportiva é máis limitada.
Non queriamos que para practicar Judo fose imprescindible vivir nunha cidade ou desprazarse constantemente. Queriamos facer precisamente o contrario:
levar o tatami ata onde están os nenos e nenas. 🥋🌾
Así comezaron a medrar as nosas escolas. Diferentes lugares, diferentes realidades e diferentes grupos, pero unha mesma maneira de entender o Judo.
🌾 Cada escola ten a súa identidade. Todas somos ESCOLA.
Este é un concepto que seguimos mantendo dende 2018.
Non buscamos crear simples “sedes” dun club. Queremos que cada escola sexa súa, que os seus deportistas se identifiquen con ela, que teña vida propia e que forme parte da súa contorna.
Ao mesmo tempo, pertenza a unha estrutura común que permite compartir adestramentos, profesorado, competicións, viaxes, convivencias, campamentos e experiencias con deportistas doutras escolas.
Porque podemos adestrar en tatamis diferentes durante a semana, pero cando nos xuntamos…
somos un único equipo. 💙
🌱 Medrar a través do Judo
Dende aqueles primeiros pasos en 2018, Escola foi medrando mantendo a mesma filosofía: utilizar o Judo como unha ferramenta de educación, formación e convivencia.
Acompañamos aos deportistas dende os seus primeiros xogos sobre o tatami ata a adolescencia e a idade adulta, respectando que cada persoa pode vivir o Judo dunha maneira diferente.
Hai quen busca divertirse e facer deporte.
Hai quen atopa aquí o seu grupo de amigos.
Hai quen se namora da competición.
E hai quen acaba facendo do Judo unha parte importante da súa vida.
Todos teñen sitio en Escola. 🫂🥋

🧠 Jigoro Kano – Fundador do Judo
“O obxectivo final do Judo non é gañar ao rival, senón vencerse a un mesmo.”
Jigoro Kano foi o creador do Judo no ano 1882 en Xapón. A súa visión do deporte ía moito máis alá da competición: o Judo debía ser unha ferramenta para o desenvolvemento físico, mental e ético das persoas.
No noso club, seguimos os seus principios de respecto, superación, humildade e autocontrol, que están presentes en cada clase e en cada tatami do rural galego.
🐻 As nosas mascotas – Kumi e Kata
Kumi un precioso panda e Kata un mapache fan as delicias do noso alumnado en cada clase. Axudan en todo momento o noso profesorado e porque non, nos acompañan no noso día a día. E diredes de onde veñen os nomes de Kumi e Kata, pos ahí vai a explicación.
KumiKata é das partes máis fundamentais do JUDO, o agarre fundamental. Unha man agarra a solapa do judogui e a outra a manga do judogui do compañeiro ou compañeira. Desta forma coa axuda de Kumi e Kata aprendemos o máis básico do JUDO cos máis peques da casa.


🥋 Brais García
Mestre Nacional de Judo · 4º DAN
Responsable das escolas de Rois e Ames
Brais é un dos referentes técnicos da Escola Judo Club. Cunha ampla experiencia como mestre nacional e unha traxectoria exemplar, está á fronte das escolas de Dodro, Rois e Ames. Destaca pola súa paciencia, metodoloxía inclusiva e firme compromiso coa expansión do Judo no rural galego.
🥋 David Neira
Mestre Nacional de Judo · 3º DAN
Responsable do ximnasio SKOLA, Vedra e Boqueixón
David é un dos fundadores do club e unha das súas figuras máis recoñecidas. Xestiona con éxito as escolas de Vedra e Boqueixón, así como o ximnasio SKOLA en Lestedo. A súa formación e entrega constante fan del un educador de referencia para todas as idades.


🥋 Endika García
Adestrador Rexional · 3º DAN
Responsable do Club CAMM
Endika é o responsable técnico do Club CAMM, entidade coa que colaboramos activamente. A súa experiencia e visión pedagóxica son fundamentais para fortalecer redes, compartir coñecemento e impulsar o crecemento do Judo fóra dos grandes núcleos urbanos.
