DE PARTICIPACIÓN EN COMPETICIÓNS
Co obxectivo de mellorar a organización das saídas, facilitar a planificación das familias e adaptar o funcionamento ao crecemento de Escola Judo Club, establecemos os seguintes criterios de participación en competicións para a tempada 2026/27.
A participación en competicións forma parte do proceso formativo dos nosos deportistas, pero non todas as competicións teñen o mesmo obxectivo nin requiren o mesmo nivel de compromiso.
Por este motivo, diferenciamos entre competicións de formación e competicións do circuíto nacional / Copas de España.
🌱 1. COMPETICIÓNS DE FORMACIÓN
Son competicións destinadas principalmente ás categorías de base e a aqueles deportistas que están iniciándose ou adquirindo experiencia competitiva.
O club participará nas ligas Rías Altas, Serpe Golden league e en aqueles campionatos nos que sexamos invitados sempre e cando o calendario o permita.
Habitualmente estarán orientadas ás categorías Benxamín e Alevín, aínda que o club poderá incluír outras categorías cando considere que a actividade ten un carácter formativo adecuado.
🎯 Obxectivo
O principal obxectivo destas competicións é aprender a competir.
Buscamos que os deportistas poidan:
🥋 Coñecer progresivamente o funcionamento dunha competición.
💪 Aprender a xestionar nervios, vitorias e derrotas.
🤝 Compartir experiencias cos seus compañeiros.
🌱 Adquirir autonomía e confianza.
😊 Desfrutar da competición como unha parte máis da súa aprendizaxe.
O resultado deportivo non será o criterio principal de participación.
👨🏫 Acompañamento técnico
Sempre que sexa posible, o club facilitará a presenza dun adestrador ou adestradora para acompañar aos deportistas durante a competición.
Como criterio organizativo, establecerase unha referencia aproximada de 1 adestrador/a por cada 10 deportistas.
👨👩👧 Desprazamento
Nestas competicións, as familias serán as responsables do desprazamento dos deportistas ata o lugar de celebración.
O club comunicará previamente toda a información dispoñible sobre horarios, pesaxes, lugar de competición e demais cuestións organizativas.
💶 Custos
Para as actividades locais ou competicións de formación nas que sexa necesario asumir gastos de organización e acompañamento técnico, establécese unha achega de:
6 € por deportista.
Para poder organizar a actividade nas condicións previstas polo club será necesario contar cun mínimo de 15 deportistas inscritos.
Se non se alcanza o mínimo necesario, o club poderá modificar as condicións da saída ou comunicar a imposibilidade de prestar acompañamento técnico.
🥋 2. COMPETICIÓN AUTONÓMICA
Infantil · Cadete · Júnior
Este nivel está dirixido aos deportistas das categorías Infantil, Cadete e Júnior que queren participar en competicións e continuar adquirindo experiencia, pero que non forman parte necesariamente do programa de saídas ás Copas de España e ao circuíto nacional.
O obxectivo é ofrecer un calendario competitivo adaptado aos diferentes niveis de implicación e evolución dos nosos deportistas, permitindo competir, aprender e seguir progresando principalmente dentro de Galicia.
🎯 OBXECTIVO
A competición autonómica busca:
🥋 Continuar adquirindo experiencia competitiva.
📈 Favorecer a evolución técnica e táctica.
💪 Aumentar progresivamente o nivel de esixencia.
🤝 Manter a competición como parte do proceso formativo.
🌱 Facilitar a progresión cara ao circuíto nacional cando corresponda.
Participar neste nivel non implica a obriga de formar parte do programa de Copas de España nin realizar saídas fóra de Galicia.
🏆 COMPETICIÓNS INCLUÍDAS
Dentro deste nivel incluiremos principalmente aquelas competicións celebradas en Galicia que o equipo técnico considere adecuadas dentro da planificación da tempada.
Entre elas:
🥋 Circuíto Rías Altas
🐍 Serpe Golden League
🏆 Campionato Autonómico
🇪🇸 Copas de España celebradas na propia Comunidade Autónoma
Poderán incorporarse outras competicións de características similares que aparezan durante a tempada e que o equipo técnico considere de interese.
No caso das Copas de España celebradas en Galicia, poderán participar os deportistas deste nivel que conten coa valoración favorable do equipo técnico.
A participación nunha destas Copas non supón automaticamente a incorporación ao programa de saídas ao circuíto nacional.
📋 PARTICIPACIÓN
Neste nivel non será necesario cumprir os volumes mínimos de adestramento establecidos para o programa de Copas de España, aínda que será recomendable manter unha asistencia regular que permita afrontar as competicións cunha preparación adecuada.
O equipo técnico poderá orientar a cada deportista cara ás competicións máis axeitadas segundo a súa idade, experiencia, nivel e evolución deportiva.
👨🏫 ACOMPAÑAMENTO TÉCNICO
Nas competicións incluídas neste nivel, Escola Judo Club organizará o acompañamento técnico tomando como referencia:
👨🏫 1 ADESTRADOR/A POR CADA 10 DEPORTISTAS
Deste xeito buscamos garantir unha atención adecuada durante a competición e, ao mesmo tempo, manter unha organización sostible das saídas.
💶 CUSTO DE ACOMPAÑAMENTO
Para estas competicións establécese unha achega de:
6 € POR DEPORTISTA
Esta achega estará destinada a cubrir os gastos derivados do acompañamento técnico e organización da actividade.
A este importe poderá engadirse, cando corresponda, o custo da inscrición establecido pola organización da competición.
Se para unha actividade concreta existisen outros gastos —transporte, aloxamento ou similares—, estes serán comunicados previamente.
🚗 DESPRAZAMENTOS
Con carácter xeral, as familias serán responsables do desprazamento dos deportistas ata o lugar de celebración da competición.
No caso de que Escola Judo Club organice transporte conxunto para unha actividade determinada, comunicarase previamente ás familias a organización e o custo correspondente.
📈 UNHA VÍA DE PROGRESIÓN
A competición autonómica tamén funcionará como unha vía de progresión cara ao programa de tecnificación e circuíto nacional.
Un deportista poderá participar inicialmente neste nivel e incorporarse posteriormente ao programa de Copas de España cando a súa evolución, nivel, asistencia e compromiso así o aconsellen.
Do mesmo xeito, o equipo técnico poderá recomendar que un deportista se centre temporalmente nas competicións autonómicas para sumar combates, experiencia e confianza antes de afrontar competicións de maior esixencia.
PARTICIPACIÓN EN COPAS DE ESPAÑA / CIRCUÍTO NACIONAL
As Copas de España e o circuíto nacional representan un nivel superior de competición, orientado ao rendemento, á evolución deportiva e á clasificación nacional 💪
🎯 OBXECTIVO DEPORTIVO
👉 Participar neste tipo de competicións implica:
✔️ Buscar rendemento deportivo
✔️ Sumar experiencia a nivel nacional
✔️ Formar parte dun proceso de mellora continua
👉 Non é unha actividade puntual, senón parte dun camiño deportivo estruturado.
📋 REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN
Para poder optar á participación será necesario cumprir:
✔️ Asistencia regular aos adestramentos
✔️ Compromiso co grupo e co plan deportivo
✔️ Actitude dentro e fóra do tatami
✔️ Participación en competicións previas
👉 O incumprimento destes requisitos poderá supoñer a non inclusión nas convocatorias.
🏋️ ESIXENCIA DE ADESTRAMENTO
👉 Para formar parte do circuíto nacional será obrigatorio cumprir co seguinte volume de adestramento:
👦 Categoría Infantil
✔️ 3 sesións semanais de judo
✔️ 1 sesión semanal de preparación física
🧑🎓 A partir de Cadete (Cadete, Junior, Senior)
✔️ 3 sesións semanais de judo
✔️ 2 sesións semanais de preparación física
👉 Os deportistas que non cumpran estas esixencias de maneira regular non serán incluídos nas convocatorias.
🧠 CRITERIOS TÉCNICOS
👉 A participación dependerá de:
✔️ Nivel técnico e evolución
✔️ Resultados deportivos
✔️ Criterio do equipo técnico
👉 En caso de prazas limitadas:
🔸 Aplicarase unha convocatoria interna do club
🚌 ORGANIZACIÓN DAS VIAXES
👉 As saídas realizaranse como equipo de club, fomentando:
✔️ A convivencia
✔️ A responsabilidade
✔️ A autonomía
👉 Con carácter xeral:
🚫 Non asistirán as familias ás viaxes organizadas polo club
👉 Só se contemplarán excepcións en casos puntuais:
✔️ Idade do deportista
✔️ Situacións específicas valoradas polo equipo técnico
👉 Estas excepcións deberán ser autorizadas previamente polo club.
💰 CUSTOS DE PARTICIPACIÓN
👉 A participación implicará os seguintes custos:
✔️ Inscrición á competición: 30€
✔️ Gastos de desprazamento
✔️ Aloxamento (hotel)
✔️ Gastos do adestrador acompañante
👉 Os gastos do adestrador serán repartidos entre todos os deportistas participantes.
👉 O custo total de cada saída será comunicado previamente.
👨🏫 ACOMPAÑAMENTO TÉCNICO
👉 O club designará adestrador/es responsables que:
✔️ Dirixirán a competición
✔️ Coordinarán a viaxe
✔️ Tomarán decisións técnicas
🤝 COMPROMISO
👉 A participación neste circuíto implica:
✔️ Responsabilidade
✔️ Implicación co equipo
✔️ Representar ao club con valores
👕 NORMATIVA DE EQUIPACIÓN – DEPORTISTAS
🥋 En todas as saídas, competicións e concentracións será obrigatorio utilizar a equipación oficial do club:
👕 Polo oficial
👖 Pantalón do chándal oficial
🧥 Chaqueta de abrigo oficial
☀️ En caso de calor, poderase substituír o pantalón do chándal por un pantalón curto negro liso.
🎒 Cada deportista será responsable de preparar, levar e coidar a súa propia equipación. Recomendamos marcar todas as prendas co nome.
📸 Nas fotografías, entregas de medallas e actos oficiais utilizarase a equipación que indiquen os adestradores.
🤝 A equipación entrégase gratuitamente grazas ao apoio dun patrocinador do club. Este patrocinio supón un investimento importante para que todos os nosos deportistas poidan ir correctamente equipados.
Por respecto a quen confía e inviste no noso proxecto, é lóxico que teñamos que utilizar e dar visibilidade á equipación que nos proporcionan. Se non cumprimos con esta parte, tamén podemos poñer en risco a continuidade deste tipo de colaboracións.
⚠️ INCUMPRIMENTOS
👉 Un esquecemento puntual pode ocorrer e tratarase como tal.
👉 Se un deportista incumpre de maneira reiterada a normativa de equipación, o club poderá deixar de asumir gratuitamente o custo da súa equipación e a familia deberá aboar o seu importe.
👉 A perda ou deterioro por mal uso tamén será responsabilidade do deportista e a súa reposición correrá a cargo da familia.
💙 Non buscamos sancionar por sancionar. Buscamos crear responsabilidade, disciplina e compromiso co equipo e coas persoas e empresas que nos axudan a seguir medrando
